Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

previous arrow
next arrow
Slider

Nun alto no Camiño Mozárabe de Santiago e grazas a un milagre aparece ante nós impoñente e maxestuoso o Conxunto Monumental da Colexiata de Santa María a Real con igrexa, torre, claustro, pazo prioral e burgo no que hoxe chamamos Xunqueira de Ambía(-1500 hab.). Dominando o decorrer do Arnoia, amparada pola realeza e a orden de San Agostiño destaca Xunqueira por posuír moitos recursos tanto naturais como patrimoniais para gozar moi preto da Galicia rural converténdose en parada obrigada cando se visita a comarca Allariz-Maceda.