Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

Ribeiras do Arnoia

Desfrutar do entorno do río Arnoia é outro dos praceres do concello. Atopamos nel piscinas naturais como na Ponte ou nos Pelamios, non moi profundas que o fan perfecto para o lecer con cativos; lugares para practicala natación na Peneda ou no Vieiro; espazos máis calmos e tranquilos como a Moradica ou zona de grandes rochas e augas máis vivas como a Central. A natureza foi xenerosa co concello en canto á auga: termais, ribeiras do río, mananciais… tan magna riqueza nun pequeno espacio, son dignas de admirar. 

Abundantes no inverno e suficientes no verán con pesca fecunda, autenticidade, serenidade, beleza e tranquilidade nos 3 quilómetros que o río dedica ao concello. Como curiosidade unha das pontellas máis bonitas para atravesar o Arnoia foi protagonista na mellor película de Jose L.Cuerda “ A Lingua das Bolboretas”.