Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

vilar-de-barrio-de-allariz-a-maceda
vilar-de-barrio-de-allariz-a-maceda (1)
vilar-de-barrio-de-allariz-a-maceda (2)
previous arrow
next arrow

Moi céntrico na provincia de Ourense, ao pé da Serra de San Mamede e nun dos bordes da Lagoa de Antela (Comarca da Limia) sitúase o Concello de Vilar de Barrio cun pouquiño máis de 1300 habitantes distribuídos en 9 núcleos de poboación. O pobo distribúese habitando  as fermosas zonas de val regadas polo Arnoia e as que están preto da Limia; doutra parte, están  as pequenas e preciosas aldeas de montaña como Prado, Ermida ou Rebordechao. 

Pola capitalidade municipal pasa  o Camiño Mozárabe de Santiago que atravesa o munipio polo oeste para dirixirse a Xunqueira de Ambía. A día de hoxe un dos acontecementos máis senlleiros está relacionado coa festa gastronómica da Pataca.