Ao mesmo tempo que se reflicte o pasado en Petróglifos, Castros, Aras Romanas, Miliariarios, Cruceiros, Castelos, Pazos ou incríbles e senlleiras igrexas da Arte Románica, podemos percorrer este territorio grazas aos seus habitantes, pasados e presentes, e ao incalculable valor do Patrimonio Inmaterial que foi quedando dende os Mouros, a cidade asologada de Antioquía, aos Felos de Maceda, o Home Lobo de Allariz ata a Mártir Mariña de Augas Santas, o rei Afonso X o Sabio ou Monchiño de Magarelos, que grazas a tradición popular seguen moi vivas e presentes nesta espectacular comarca chea de recursos por descubrir e sentir. Ven e coñéceo!