Lugar de paso obrigado cara a capital da provincia sitúase dominando todo o val da Rabeda (Río Barbaña). O Concello de Taboadela conta con case 1500 habitantes. A beleza das paraxes autóctonas que dan paso aos camiños Real e de Santiago fan do Concello un enclave singular para volver a conectar coa natureza a poucos kilómentros de Ourense. Visitas obrigadas son aldeas polas que pasa o camiño de Santiago, a Torre (BIC) de Torán ou a preciosa igrexa románica de San Xurxo da Touza pouco alterada co paso dos séculos. Tamén haberá espazo para a lenda subindo ata o alto do monte de San Xoan para gozar da súa enigmática cama, do Monumento a familia ou das magníficas vistas sobre o val.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade