Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

banos-molgas-de-allariz-a-maceda (1)
banos-molgas-de-allariz-a-maceda
banos-molgas-de-allariz-a-maceda (2)
previous arrow
next arrow

Nun dos pasos da vía (XVIII) romana de Antonino sitúase o Concello de Baños de Molgas(+1500hab). Alí, o Arnoia discurre en calma e abrollan as augas termais (burga de Molgas) xusto a carón da Ponte Vella. Son algúns dos elementos que dan significado a este fermoso lugar  que conxuga a perfeción Natureza e Patrimonio cunha importante impronta do pasado sinalizada e lista para o visitante e na que existe unha ampla potencialidade temporal que vai dende a época dos túmulos megalíticos ou a arte rupestre, pasando pola cristianización, o prerrománico, románico e ata a peregrinación ao Santuario da Virxe dos Milagres que sigue vixente nos nosos días.