O selo SICTED é un distintivo de calidade promovido pola Secretaría de Estado de Turismo co que se recoñecen os servizos prestados por parte dunha empresa e co que ademais se accede a múltiples beneficios.
Ofrece aos establecementos turísticos adheridos un plan de formación, visitas de asistencia técnica por parte de asesores homologados, talleres colectivos, grupos de traballo que desenvolven propostas de mellora en destino e avaliacións que contrastan a adecuación do servizo turístico aos estándares de calidade.
Todo isto culmina na obtención do distintivo Compromiso de Calidade Turística. O obxectivo último deste proxecto é mellorar a experiencia e satisfacción do turista.
Na Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrada a finais de xaneiro deste ano, tivo lugar a entrega de premios SICTED nos que se recoñeceu o compromiso e o traballo realizado durante estes meses do Xeodestino Allariz-Maceda co fin de que os diferentes locais do territorio que forman parte do sector turístico e hosteleiro implantaran melloras.
Este selo outórgase aos servizos turísticos que acreditaron o cumplimento dos requisitos fixados. É un recoñecemento ao esforzo e compromiso coa calidade e mellora continua, á vez que se distingue o servizo turístico fronte á competencia.
Empresas do Xeodestino Allariz-Maceda que se adheriron ao programa
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade