Situada ao pé do que fora un dos maiores humidais de Europa polo sur e dominando polo norte o paso montañoso cara o val do Río Arnoia sitúase o Concello de Vilar de Santos, onde aínda é posible revivir o pasado dos vellos habitantes da lagoa de Antela no Museo Etnográfico da Limia. Con menos de 1000 habitantes pero cunha idea clara plasmada nunha nova ordenación municipal que foi quen de conxugar a creación de chan industrial coa sostibilidade acreditada da UNESCO ao formar parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz dende 2005 nunha conxugación de Patrimonio Cultural e Natural cun moi bo estado de conservación.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade