Esta pequena aldea quedou deshabitada nos anos 50 do século XX. Asentada á beira dun castro, aquí se atopou a arracada de Vilar de Santos, unha xoia conservada no museo Arqueolóxico de Ourense, un testemuño de incalculable valor dos nosos antepasados. Ainda se conservan muros das vivendas, un forno comunitario e o sistema de alcantarillado do que dispoñían. Tamén chaman a atención os camiños empedrados e as marcas das rodas dos carros que por elas circularon.
Está no itinerario da ruta sendeirista do Ruxidoiro (www.vilardesantos.gal/sendeiro-do-ruxidoiro), sendeiro de menos de catro quilómetros e dificultade baixa que permite desfrutar deste enclave máxico cheo de beleza. No camiño poderemos facer unha parada na fonte do pobo, a Fonte do Pozo, unha área recuperada, de posible orixe romana.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade