Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

allariz-de-allariz-a-maceda
allariz-de-allariz-a-maceda (1)
allariz-de-allariz-a-maceda (2)
previous arrow
next arrow

Poucas vilas da península ibérica conservan a esencia do pasado ao tempo que mostran esplendor como este Conxunto Histórico Artístico de Allariz, bañada polo precioso paso do río Arnoia foi merecedora no ano 1994 dun premio Europeo pola rehabilitación e posta en valor do río e o casco antigo. Museos como o do Coiro, o do Xoguete, Muiños que hoxe son restaurantes ou a impresionante época do arte Románico poden observarse na actualidade no lugar que un rei medieval chamou “Chave do Reino de Galicia”. 

Non pode esquecerse na visita a Allariz lugares como Santa Mariña de Augas Santas, San Salvador dos Penedos ou o Ecoespazo de O Rexo todos eles cuns grandes e singulares valores que xunto co resto de espazos, Vilar de Santos e dous concellos limítrofes forman a Reserva da Biosfera Área de Allariz declarada en 2005 pola UNESCO.