Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

Ecoespazo de O Rexo

Este encantador espazo sitúase na localidade de Requeixo de Valverde a escasos 3 km de Allariz e outros tantos de Xunqueira de Ambía. O conxunto é o resultado da suma de paisaxe/espazo natural de ribeira xunto coa intervención dun dos artistas abstractos máis recoñecidos do país, Agustín Ibarrola que deixou a súa pegada no espazo a modo de obra pictórica e escultórica. Non é máis que a armonización de elementos naturais, árbores, pedras, auga…, coa aportación de materiais reempregados como o granitos pintados de vivas cores e xogando coas perspectivas para integrarse un mesmo no lugar.

Créase así unha obra de arte xigante e viva da que somos cómplices.

Ademáis, é lugar dunha explotación piloto de gandeiría ovina, cuxas ovellas latxas adáptase ben ao terreo pra producir o mellor queixo de ovella de Galicia. O espazo está habilitado tamén cunha gran aula de Educación Ambiental para coñecer tódolos recursos que ofrece a Reserva da Biosfera.