Son de parada obrigatoria as igrexas de Santiago, San Pedro, Santo Estevo e Santa María de Vilanova todas con marabillosos exemplos escultóricos; a Ponte de orixe Románica que dá paso ao Camiño de Santiago sobre o río Arnoia; o Convento de Santa Clara, a Praciña de Dona Violante; os museos: o do coiro nuha antiga curtidoría, o do xoguete, o da moda ou o de arte sacra onde non se pode deixar de visitar a Virxe Abrideira más fermosa da Península.
Vila de grandes escritores e refuxio de directores de cine non podemos deixar de visitar a Fundación de Vicente Risco nin de buscar as pegadas que José Luis Cuerda e a súa equipa deixaron por aquí na preciosa “A lingua das Bolboretas”(1999).
Non se pode esquecer espazos recentes e únicos en España como o FIXA, Festival Internacional de Xardíns, onde se realizan obras de arte e natureza nun espazo aberto de case 30.000 metros cadrados que se convertiu xa, en lugar de paso obrigado para milleiros de persoas cada ano debido a renovación anual da súa temática e a calidade das propostas chegadas de todo o mundo.
Allariz é vila para vivir, para sentir, para gozar e para voltar unha e outra vez.