previous arrow
next arrow
Slider

Dominando o Val do Meda aparece Maceda, concello con preto de 3000 habitantes en 54 núcleos de poboación. A vila ten destacado por ser centro de interese para feiras e mercado e foi, durante séculos custodiada polo Castelo medieval dos Novoa que hoxe rexurde en forma de hotel-restaurante para que  veciños e visitantes poidan desfrutar das súas vistas sobre o Val e a Serra de San Mamede. Bañada polo río Maceda é ideal para a desconexión e tamén para espertar inquedanzas culturais  nas figuras dos albardeiros, coa recuperación do entroido e a figura senlleira dos felos ou a importancia dos nosos médicos rurais co recentemente estreado Museo do Médico Rural.

Xunta
galicia
Xacobeo