O Museo da Limia é sen dúbida un dos museos máis importantes e mellor dotados de Galicia na súa especialidade: a etnografía. Ubícase no antigo hospital de peregrino e funcionou logo como antiga casa reitoral, datada no século XVIII e está adicado á vida e o saber tradicional da comarca da Limia. É a morada da memoria antelana. Conta con diferentes salas de temática variada: O mar da Limia, O mundo Rural, A vida na casa, Os oficios e o Comercio.
Dende a historia da desaparecida Lagoa de Antela, indispensable para entender a evolución da comarca, coa súa desecación e o cambio na vida e a paisaxe para sempre; pasando pola vida no rural, os costumes, organización, estamentos… dos últimos catro séculos, os cultivos, tanto o cereal como o liño, cunha sala dedicada a este traballo tan delicado e laborioso. Pasiño a paso ata chegar ao tear, do que se conserva un bo exemplar.
A vida na casa representada no seu esplendor, con cada unha das súas partes e obxectos máis representativos e os oficios aos que se adicaban: canteiros, ferreiros, carpiunteiros ou zapateiros. Tamén queda espazo para reproducir unha tenda do rural, na que se vendía e fiaba de todo, dende enxoval a medicamentos pasando por artigos de mercería ou comestibles.
Parada obrigada no concello!
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade