Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

Lenda da creación da Lagoa de Antela

A lenda da creación da Lagoa de Antela conta que no lugar había unha gran cidade chamada Antioquía e os seus veciños non tiñan moita caridade e andaban a molestar as xentes dos arredores. Por iso, Xesús decidiu un día baixar e sen ser recoñecido pasar casa por casa a pedir esmola, non daba atopado ningúen que lle dera axuda, cando xa marchaba, nunha pequena casiña do lugar co lume aceso viu unha velliña engruñada a carón do mesmo e foi alí a pedirlle unha esmola polo amor de Deus, a vella mandouno pasar a sentar con ela, dunha cabra que tiña ao lado sacou unha cunca de leite e deitouno alí cuns poucos farrapos que tiña. Ao día seguinte, ao espertar o día, Xesús díxolle a muller; “ veña, mire, quero que vexa o que foi de Antioquía”. A vella quedou sorprendida cando viu todo asolagado pola auga e nin un habitante había, excepto ela. Na mañá do San Xoán cando asoman os primeiros raios de sol ao lonxe, e bastante no fondo vese o campanario da igrexa, e na noite de Nadal as doce, escoitase cantar aos galos.