Igrexa de estilo románico tardío, séculos XIII-XIV, arraigada na tradición do mosteiro de Oseira.
A mención documental más antiga da que se ten constancia sobre ela atópase no Tumbo de Celanova, datada no 31 de xaneiro do ano 1065. É unha venda pola que Velasco Menéndiz vende ó mosteiro de Celanova unhas propiedades “in loco predicto villare vocabulo ecclesie sancto Iohanne prope villa de Sarranos”.
Foi completamente reconstruida xa que se trasladou dende a súa ubicación orixinal, o pobo de Saa, ao seu emplazamento actual no s.XX. Esta reconstrucción non alterou a imaxe orixinal do templo.
Igrexa dunha soa nave e ábsida (esta xa de época gótica) con dúas portadas, occidental e sur, con decoración moi interesante.
A súa portada occidental ou principal é toda unha manifestación do bo facer dos canteiros, así podemos ver como nas columnas interiores se insiren representacións humanas, un orante no lado norte e o patrón, San Xoan, na sur. Ademáis os capiteis con decoracións animais (leóns) e figuradas (personaxes con cartelas).
Tamén requiren especial mención os canzorros, todo un desfile de figuras moi chamativas e que de seguro sacan máis dun xesto de asombro a todo observador
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade