O Camiño de Santiago, Vía da Prata, recorre por esta fermosa localidade, procedente do sur do estado. Prolonga a calzada romana chamada Vía da Prata que unía Mérida (Emérita Augusta) con Astorga (Asturica Augusta). A vía trazouse comezando o cristianismo aproveitando camiños máis antigos. Entra en Galicia pola Mezquita. O nome deriva da palabra árabe bal´latta, a denominación que os musulmáns lle diron a aquela vía pública empedrada. Por ela camiñou Almanzor a finais do século X e por ela regresarían, séculos máis tarde, de Córdoba a Santiago, as campás da catedral, roubadas por el e devoltas trala conquista de Córdoba no 1236.
O seu paso por Ourense percorre un gran patrimonio natural (bosque autóctono), etnográfico e monumental. É Xunqueira de Ambía punto de parada con todos estes elementos e por suposto con Hospital no seu día e albergues hoxe.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade