Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

Castro da Acea

Datado no século II a.C., época castrexa e sen evidencias de romanización. Ten forma elíptica e unha altitude de 561m dominando a paisaxe sobre o río Arnoia e chégase a el a tráves dunhas preciosas carballeiras tanto se o inico da ruta é na aldea da Acea ou dende a estrada que une Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas (OU-0108) Actualmente os restos visitables sitúanse na croa do recinto. Este espazo estaría rodeado por unha  muralla de pedra míuda cunha altura de 5m no punto máis alto e circundada por un muro hoxe cuberto pola capa vexetal. Cara o sur, tamén se ve o elemento defensivo do foxo. Gravada nunha rocha nun dos puntos máis altos do xacemento aparece unha marca de termo, trátase  da linde dos concellos de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas, aos que pertence o castro.

Os achádegos máis relevantes: os horrea (graneiro de almacenaxe semellante os hórreos, canastros actuais). O descubrimentos destes supuxo o primeiro para a provincia de Ourense e un feito senlleiro a nivel galego xa que so se coñecía outro semellante no Castro de Arxeriz, no Saviñao (Lugo).  Para os arqueólogos que aquí traballan, tería unha dimensión de 3 hectáreas e o que podemos desfrutar hoxe é so unha pequena mostra do seu esplendor pasado. 

Como curisiodade, Elixio Rivas conta que as pedras para facer a ex-Colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía, sairon de aquí.