O núcleo de Taboadela foi señorío do Marqués de Malpica e Mancera, conde de Gondomar, quen designaba correxedor e percibía o dereito chamado “pedido do castelo”.
Coa reforma xudicial de 1834 o concello de Taboadela pasou do partido xudicial de Maceda de Limia o de Allariz. Despois tivo lugar a división municipal do R.D. de 23 de Xullo de 1835 cando quedou como cabeceira municipal.
A Igrexa de San Miguel foi reedificada no século XIX evocando formas barrocas ainda que non presenta características propias deste estilo tan ornamental e cargado, se non que é máis sinxela.
Destaca pola súa espectacular torre das campás na fachada, construída en 1886 e que lembra lixeiramente á igrexa de San Bieito de Allariz, que conta con dous corpos rematados nun cupulín. Dunha única nave, no seu interior destacan as tallas barrocas de San Pablo e Santa Marta e a do patrón, San Miguel, de 1616 feitas por obra de Juan de Acosta, que custou 140 ducados e estivo desaparecida do templo durante dous anos, cando apareceu de novo, celebrárono feito cunha misa solemne.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade