O Xeodestino de Allariz a Maceda organiza unha actividade para introducir a marcha nórdica no Xeodestino no mes de decembro.
Unha práctica deportiva amplamente estendida en Europa e que conta con numerosos beneficios para a saúde, pero que require dunhas nocións básicas de aprendizaxe para realizala.
Desde o Xeodestino impulsamos esta actividade gratuíta que constará de 2 sesións de preparación os días 5 e 12 de decembro no que se aprenderá a técnica básica desta actividade deportiva, e unha ruta o día 17 no que se aplicará todo o aprendido.
Para as sesións de preparación haberá 20 prazas, e para a ruta ampliarase a 50, xa que poderá participar tamén todo aquel que xa teña nocións de marcha nórdica previas.
Para a actividade os bastóns serán proporcionados polos organizadores e non se require ningún requisito físico previo.
Aqueles que se inscriban á primeira sesión, e asistan, terán reservada praza tanto na segunda sesión como na ruta do día 17.
Para inscribirse só tes que encher os datos do formulario: