Construído estratéxicamente, foi un dos edificios civís máis importantes do medievo en Galicia. A súa orixe remóntase aos anos finais do século XI, cando se iniciou a construción da Torre da Homenaxe.
No século XII deuse como dote, xunto con terras lindeiras, a Dona María Fernández (filla de Dona Teresa de Portugal e do Conde de Traba Fernando Pérez) casada con Juan Ares de Novoa, linaxe que se establece no lugar e perdurará ata o s.XVII. Pasou polas mans dos Condes de Benavente no s.XV e xa no s.XVII (1654 e Felipe IV cedeuno a Alonso de Lanzós, rexidor de Betanzos.
Declarado Monumento Hco. Artístico dende o ano 1949 e Ben de Interese Cultural dende 1994 logo de quedar no completo abandono hoxe en día reconvértese nun Hotel – Restaurante para poder ser visitado e gozado.
As reformas que sufriu convertérono máis en Pazo que Castelo e destaca que algúns estudosos sitúan a Alfonso X aos 11 anos de idade neste castelo.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade