Escultor Carballo

Escultor Carballo é un obradoiro familiar especializado no traballo artístico e artesanal da pedra, actualmente situado no Polígono de Barreiros, en San Cibrao das Viñas. A súa traxectoria nace da man do escultor Nicanor Carballo, natural de Tioira (Maceda), e continúa a través dos seus fillos Pablo e Óscar, formados no propio taller familiar.

Con máis de catro décadas de actividade, o obradoiro mantén vivo o oficio tradicional da cantería ao tempo que o aplica á escultura, á decoración e a diferentes proxectos en pedra.

Escultura en pedra do Escultor Carballo

A súa obra

O traballo de Escultor Carballo abrangue a talla e escultura en pedra, así como a creación de cruceiros, hórreos, elementos heráldicos, pezas decorativas, arte funeraria, fontes, chemineas e diferentes solucións para arquitectura, interiorismo e xardíns.

Escultor Carballo, obra e traxectoria (San Cibrao das Viñas)

A súa produción combina coñecementos tradicionais de cantería cunha vertente artística, facendo da pedra o elemento central dunha actividade transmitida entre xeracións.

Escultor Carballo, obra e traxectoria (San Cibrao das Viñas)
Escultor Carballo, imaxe 2 da súa obra (San Cibrao das Viñas)Escultor Carballo, imaxe 3 da súa obra (San Cibrao das Viñas)Escultor Carballo, imaxe 4 da súa obra (San Cibrao das Viñas)Escultor Carballo, imaxe 5 da súa obra (San Cibrao das Viñas)Escultor Carballo, imaxe 6 da súa obra (San Cibrao das Viñas)Escultor Carballo, imaxe 7 da súa obra (San Cibrao das Viñas)