Zona núcleo da Reserva do Briñal e Muiño das Escadas
Allariz foi declarada, pola Unesco, Reserva da Biosfera, xunto cos concellos de Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e A Bola no ano 2005.
Esta declaración persegue a conservación e proteción da biodiversidade e o desenvolvemento económico ao tempo que humano da zona.
O Briñal e as Escadas son 13Ha dun tramo moi ben conservado de vexetación de riberia no río Arnoia onde este pasa de ir en calma a ter que labrar o seu decorrer entre os bolos graníticos. Ambos lugares dispoñen de muíños rehabilitados que hoxe poden verse, o Briñal e a casa do muiñeiro fóron casas de Turismo Rural e o Muiño das Escadas chama a atención pola súa situación, a 11metros sobre o nivel do río, recibe auga dun regato nunha espectacular zona onde o Arnoia trascorre en canón, dando así unha imaxe bastante diferente ao seu tranquilo paso por Allariz.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade