O vindeiro xoves, no Hotel Oca Allariz, celébrase o acto de entrega dos diplomas SICTED ao Compromiso de Calidade Turística.
Un proceso que comezou en xuño do ano pasado, cando dende o Xeodestino Allariz-Maceda e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia, convocamos ao sector hostaleiro e turístico do Xeodestino Allariz-Maceda para participar na implantación do programa de calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino).
Despois de moitos meses de traballo, o proceso conclúe coa entrega dos diplomas ás 21 empresas que se adheriron ao programa:
- A Casa do Xastre.
- Arca da Noe.
- Camping Os Invernadeiros.
- Casa Pepiña.
- Celtainer.
- Clube Hípica Allariz.
- Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
- Fio de Liño Allariz.
- Hostal Alarico.
- Hotel O Portelo Rural.
- Hotel Oca Vila de Allariz.
- Xeitura.
- Museo da Moda.
- Museo do Coiro. Fábrica Familia Nogueiras.
- Museo Galego do Xoguete.
- Oficina de Turismo de Allariz.
- Roi Xordo Café-Bar.
- Taberna do Pepiño.
- Tenda do Pepiño.
- Museo do Médico Rural de Maceda.
- Restaurante Boigorri.
O acto contará coa presenza de Gumersindo Lamas Alvar, Presidente do GDR e Cristina Cid. Alcaldesa de Allariz e presidenta do Xeodestino Allariz Maceda.
Posteriormente á entrega dos certificados, o grupo Os tres Porquiños realizará unha actuación musical e poderemos desfrutar dunha degustación gastronómica a cargo de Gerson Iglesias, do restaurante Erva.
É un evento ao que podedes asistir se estades interesados/as, previa confirmación de asistencia no correo info@limia-arnoia.gal.