Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

portada-trivial-xeodestino
Trivial do Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia
Que ruta parte da aldea de Pai Cordeiro cara o punto máis alto do concello, percorrendo a aldea de San Salvador e os restos do castelo de Todea?
Paseando pola beira do Arnoia podes descubrir muíños, fábricas de curtidos e fermosos espazos verdes. Como se chama o pasal que terás que cruzar río abaixo para volver cara Allariz?
Unha das xoias de Allariz é a súa cidade galaico-romana, que se atopa no roteiro arqueolóxico-etnográfico de Santa Mariña. Como se chama dita cidade?
En que ano se declarou conxunto histórico-artístico o casco vello de Allariz?
O amendoado é un doce típico de Allariz que conseguiu manter a súa receita intacta ata a actualidade. Cales son os seus ingredientes?
Cal era a calzada romana que daba servicio a varias zonas de minas romanas e que cruzaba o Concello de Maceda?
Na parroquia de Tioira no Concello de Maceda existe un barro de cor negra despois de quitarlle as impurezas coma as raíces da vexetación e as areas, que despois de amasalo recibía o nome de Bolouro e empregábase para:
Cal é a persoaxe principal do Entroido de Maceda?
Que Festa se organiza se organiza en Maceda a finais do mes de Xullo e consigue congregar a centos de xóvenes da Vila e arredores?
Que Rei participou como compositor nas Cantigas de Santa Maria e viviu no Castelo de Maceda a idade de 11 anos?
Cal é o nome da colexiata de Xunqueira de Ambía?
Que lonxitude ten a Ruta dos Pelamios?
Cando naceu a vila de Xunqueira de Ambía?
Cando foi declarada monumento nacional a Colexiata?
De que ano é o Órgano da Colexiata?
A carón de que ponte está o mirador máis fotografiado da Ruta “Os Canóns do Arnoia”?
Que monumento do concello de Baños de Molgas foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931?
Que é o “Pilo” situado na localidade de Suatorre (Baños de Molgas)?
Como se chama o petroglifo retratado por Bedoya, achado recentemente en Baños de Molgas?
O castro da Acea está entre os concellos de…
Que non se atopa no Alto de San Xoán?
Ao redor da Torre de Torán, unha construción do século XIII (algúns autores sitúano no século XIII) que tiña funcións defensivas e de control do camiño que ía a Castela, sempre houbo lendas que a investían de certo misterio. Cal destas é a que contan os veciños?
A Igrexa de San Xurxo é un templo románico e barroco sito na localidade de Touza e con gran cantidade de representacións artísticas, que o dotan dun especial valor, tanto no seu parte exterior como no interior do templo. Cal destas se atopan na súa parte externa?
Aos pes da Igrexa de San Miguel de Taboadela, o 21 de febrero de 1809 poducíanse enfrentamientos, no marco da Guerra de Independencia e previos a Batalla de Xinzo de Limia, entre os soldados do exército de Napoleón, comandadas polo Mariscal Soult, e…
Un dos veciño ilustres do Concello de Taboadela é o escultor Xosé Cid (Calvos, 1946) cuxo domicilio, á parte de ser a súa vivenda, é un museo permanente onde expón parte da súa obra e onde ten o seu taller e lugar de traballo. Onde está o devandito lugar?
Dende que ano forma parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz o concello de Vilar de Santos?
En que século foi reconstruida e cambiou de ubicación a igrexa do San Xoán (Vilar de Santos?
Onde é posible revivir o pasado dos vellos habitantes da lagoa de Antela (Vilar de Santos)?
A Zona Zepa Rede Natura da Lagoa de Antela está...
Cando quedou deshabitada a aldea de Saa (Vilar de Santos)?
Que serra podemos atopar en Vilar de Barrio?
Que Camiño pasa por Vilar de Barrio?
Dise que Manuel Blanco Romasanta, máis coñecido como Home Lobo de Allariz, viviu tamén...
Que lonxitude ten a ponte Medieval Arnuíde (Vilar de Barrio)?
Cal dos seguintes ríos nace na Serra de San Mamede?
Trivial do Xeodestino
Acertaches {{userScore}} de {{maxScore}}
{{title}}
{{image}}
{{content}}