Propiedade privada. Esta torre atópase na parroquia de Santa María de Torán, nun pequeno outeiro denominado Seara, a un quilómetro da capitalidade municipal. De orixe medieval está construida en perpiaños de granito, ten planta rectangular de 8´5 por 10m x 12. Está en estado de ruina e só se conserva parcialmente, na súa parte inferior. Ten unha única porta de entrada con de arco apuntado e tímpano dunha soa peza.
Está declarada Ben de Interese Cultural e os veciños gardan no imaxinario lendas relacionadas cos seus habitantes, dende mouros a romanos, así como pasadizos e túneles secretos baixo terra para escapar en caso de ameaza.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade