Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

Serra de San Mamede

Defínese como Serra de San Mamede ao conxunto de montes conectados e coroados no seu punto de máxima altitude pola ermida do Santo epónimo a 1618 metros de altura sobre o nivel do mar. Dito conxunto, maniféstase monumental no denominado Macizo Central Ourensán e domina visualmente a meirande parte da provincia de Ourense chegando a verse Monforte de Lemos ou o Canón do Sil xa en Lugo. 

Conta con 53.000 hectáreas, o segundo espazo protexido máis extenso de Galicia, catalogado como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) dentro da Rede Natura 2000.

Por suposto, é un espazo de grande riqueza natural e animal. Conta cun total de 176 especies de vertebrados, destacando especies protexidas como o Águia Real real ou o Lagarto Verdinegro, e tamén outras especies ameazadas como a perdiz común. Ademáis, pódense atopar dende lagartos e píntegas ata martas, raposos, xabaríns e por suposto aqueles que axudaron segundo a lenda ao Santo na construción da capela; corzos e lobos.