É unha pequena aldea exemplo de arquitectura e tradición galegas. Ten un alto interese tanto patrimonial como paisaxístico, atópase no corazón da Reserva da Biosfera. Nunha pequena área podemos disfrutar dun pobo típico do rural, igrexa románica e xacemento altomedieval. Así, dando un pequeno paseo, poderemos descubrir tódolos seus encantos. Partiremos dende o panel interpretativo do aparcadoiro situado na entrada da poboación para camiñar ata os 731 metros de altitude, onde descubriremos os restos do Castelo de Todea, tamén coñecido como de Mouresiños ou Mal Paso.
É un asentamento alto medieval que domina a entrada a Allariz do Camiño de Santiago (Sueste ou Mozárabe) no que tamén poderemos ver dúas tumbas antropomorfas escavadas na rocha.
Dende aquí e tras observa-las magníficas vistas de todo o val de Allariz, se trazásemos unha línea recta teríamos contacto visual co desaparecido Castelo da vila alaricá, baixaremos ata a aldea de San Salvador para desfrutar do seu encanto e admirar a súa austera pero encantadora igrexa románica. Por suposto é moi posible que nos acompañe a presenza da Asociación Andrea materializada na presenza dunha boa manada de burros que conservan o espazo, ofrecen a súa axuda a todo aquel que o precisa e incluso proporcionan leite para a elaboración de xabóns ecolóxicos.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade