Localizada na poboación do mesmo nome, a 6km de Vilar de Barrio e salvando o río Arnoia. A ponte que hoxe se conserva é medieval, dun so arco, apuntado e de doble vertente. Conta con 37 metros de longo e 3´5 metros de ancho. Construído para atravesar o río, mantén a súa funcionalidade, segue sendo lugar de paso ademáis dunha agradable sorpresa visual para deterse un anaco a observar o paso tranquilo do Arnoia e tamén o reflexo da espadana da igrexa de Santa María onde o famoso escultor ourensán Francisco de Moure fixo un dos seus retablos.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade