Atópanse no alto dun outeiro que divide os concellos de Maceda e Esgos (hai cruz de termo que marca esa división). Cerca está o regato da Moura. Estas denominacións fan referencia a tradición oral do lugar no que se conta que habitaban mouros e mouras e sucedían feitos máxicos como encantamentos. Este lugar está declarado zona LIG (lugar de interese xeolóxico).
Tamén se lle coñece como a Rocha da Moura, os veciños de Lamas identifican o castro como Aira das mouras, mesmo contan que o apóstolo Santiago, sobre cabalo blanco, pasou por aquí.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade