Nace da man e dedicación do médico José Manuel Lage, co obxectivo de poñer en valor a figura do médico rural, tan arraigada na nosa terra. El mesmo traballou 40 anos neste lugar, por eso a escolla do seu concello para crear e dar vida a súa ilusión.
Recopilou obxectos e información por toda España que hoxe se expoñen nos baixos da casa consistorial, nun proxecto pioneiro.
O material médico é orixinal, conta con máis de 2000 pezas datadas entre comezos do século XX ata os nosos días, repartidas en dez salas:
Consulta Médica (recreación dunha consulta dos anos 50).
Sala de exploracións.
Sala de radioloxía.
Sala de revelado.
Sala de electroloxía.
Laboratorio.
Esterilización.
Sala de instrumental (sala principal, coa maior parte do material disposto en diferentes vitrinas).
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade