É unha das moitas camas atribuidas a Santos. Trátase dunha pedra con forma curiosa e que a tradición atribue a San Xoan. En posición inclinada e pola parte de arriba lisa e de forma erosionada unha silueta humana polo que se atribue a que alí descansou o San Xoan. Está relacionada coa fertilidade para as parellas que teñan dificultades para ter fillos, habería que facer o acto na propia pedra e se ademáis se fai o día propio do Santo o fillo que naza desa xuntanza será home. Igual que moitas das existentes no sur de Francia que se lles chama pedras preñadoras.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade