Monchiño chamábase en realidade Ramón Fernandez Pérez, era coñecido como O Xigante de Magarelos ou Monchiño de Corvillón. Nado en Magarelos en 1916 no seo dunha familia moi humilde. O pai emigra a Cuba e non se volve saber del, súa nai tivo que sacalo adiante soa. Monchiño creceu de forma inaudita dende a adolescencia (14-15 anos) chegando a medir 2´40cm.
Nun paseo pola cidade de Ourense presencia o espectáculo dun portugués cunha foca e decátase que todo o mundo está asombrado coa súa altura.
O portugués ofrécelle traballar con él, percorrerá todo o país e máis tarde asociarase a un curmán seu e seguirán coa mesma dinámica durante seis anos cando por falta de público deixan o espectáculo. Monchiño morrerá novo, con 27 anos, de enfermidade. Tiveron que facerlle o cadaleito á medida e contan que lle puxeron 10 asas para poder trasladalo.
Imaxe: Revista Raigame nº3, artigo de Delfín Caseiro Nogueiras,
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade