Mariña naceu no ano 123 d.C.,foi filla dun gobernador romano e a súa nai morreu no parto ou pouco despoís. Como seu pai non se podía facer cargo dela, deixouna ó cuidado dun ama de cría, natural de Piñeira de Arcos, moi pretiño de Augasantas. Esta muller criou a Mariña na fé cristiá e cando seu pai o descubre, repudiouna. Foi medrando e axudando nos quefaceres do fogar, un día namentres pastearaba ás ovellas, pasou o gobernador romano Olibrio que quedou totalmente namorado dela. Tentou por tódolos medios que ela o aceptase pero Mariña non accedía. Como con boas maneiras non houbo xeito, Olibrio decidiu aplicarlle todo tipo de castigos e maldades.
A pobre de Mariña foi presa na torre da Atalaia e os veciños sempre contan tres martirios que foron intentar afogala, queimala no forno que hoxe leva o seu nome, Forno da Santa, do que saiu ilesa coa axuda de San Pedro e por último foi decapitada (No Pozo da Santa, hoxe Capela de Santo Tomé), despois de serlle cortada a cabeza, esta deu tres botes e en cada un decía a palabra “creo” e en cada un deles brotou un manancial de auga.
Hoxe en día gárdaselle moita devoción no concello e comarca en xeral e na aldea, conxunto histórico, de Santa Mariña de Augasantas en particular onde lle renden homenaxe en dous días sinalados, o día da Ascensión (40 días despoís do Domingo de Resurrección) e o 18 de Xullo, o seu propio día.