Igrexa de orixe románica situada no parroquia do mesmo nome, a 3km de Taboadela. Mantén case íntegra a súa factura medieval máis un anexo moderno que funciona como sacristía. Con nave e ábsida única e decoración típica do estilo como os arquiños da cornixa, moi empregados nas igrexas románicas ourensás, chama a atención polo seu desenvolvemento escultórico, con canzorros, metopas e outros detalles que a fan meritoria de admiración. Está claro que con esa figuración tan ben labrada, os canteiros que aquí traballaron, tiñan sobrada experiencia e grandes coñecementos sobre iconografía.
Sabemos que os arquiños cegos da ábsida realizaronse despois de 1188, data dos da catedral ourensá, modelos para moitas das igrexas rurais da provincia, polo que a cronoloxía que se plantexa para este templo é o primeiro terzo do século XIII.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade