Falan os veciños de Rebordechao que Manuel Blanco Romasanta (Regueiro, Esgos 18 de Novembro de 1809) ou o máis coñecido como Home Lobo de Allariz, viviu con eles e tamén na serra (Vilar de Barrio). Foi sacristán, comerciante e gandeiro, contan que era moi mañoso, que sabía coser, bordar e ler! Tiña moita facilidade de palabra. Convivía coa muller e a filla: Antonia da Rua e Petra. Contan que foi en Rebordechao onde o ataron despois de ser apresado, que o trouxeran aquí para que dixera onde estaban os corpos das persoas que decían que matara. Deixáronno nun curral onde berraba “ay! Mi alma a Dios! Se non teño valor nin de matar a unha pulga!”. De aquí seica escapou espido por un cano de auga que saía do curral. Hai unha ruta polo lado esquerdo do Arnoia que é pola que din que subía: Pico da Galla – Terreiro hasta Portela das Cervas; por donde ía a xente ata a Malladeta (onde contan que un home estivo cocendo unha man de muller) na parte alta da serra.
Aos máis cativos das casas sempre se lle falou sobre o “home do unto”, unha historia para meterlles medo que dicía: “mira que ven o home do unto e sácacho todo xunto”.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade