Situada no cumio da serra, dentro dunha cova cavada na pedra polo propio ermitán chamado San Mamede. Algunha veciña di que a cova tiña 7 cruces, que a zona é a da Veiga ou Veiguilla, onde está a capela adicada ó denominador da Serra.
O santo, Mamede, naceu no cárcere, a súa nai estaba presa, alí se criou ata que ela faleceu. Despois de traballar en diferentes lugares, marchou á serra, a levar vida de ermitán e construiu unha capela. Contan que picaba as pedras cun corno de corzo que o acompañaba en todo momento xunto cun lobo. Para colocalas pedras ían os tres, un día o lobo quixo comer ó corzo e o santo guindoulle unha pedra dende a fonte dándolle nos cadrís, por iso, dende ese momento, os lobos teñen a traseira/os cadrís máis baixos que outras especies.
Hoxe en día hai unha representación súa en forma de escultura gardada na capela, contan que cando a capela se destruiu, o santo quedou entre as ortigas.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade