Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE ENTROIDO

Do Xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia”.

O Entroido en Ourense é moito máis que unha simple festividade e son numerosas as vilas que contan cunha tradición moi arraigada. Dende o Triángulo Máxico de Xinzo, Verín e Laza a… 

Manzaneda e as súas “mázcaras” e “folións”, os “troteiros” de Bande, os “folións” de Vilariño de Conso e Viana ou… os tradicionais “felos” de Maceda son algunhas das moitas expresións do Entroido ourensán.

 

O FELO…

A figura máis destacada do Entroido no Xeodestino

As orixes da máscara do Felo remóntanse, según diversas fontes, ás festas pagás da Protohistoria: sociedades tribais, totems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras deixano nas hedonistas da Roma Imperial. Os medievalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Reminiscencias precristiáns; culto ó viño e ó pracer; connotacións sociais e relixiosas do medievo. Entre todas -intuímos- modelaron o fenómeno.

Podes seguirnos en…

Xunta
galicia
Xacobeo