A marxe dereita do río Tioria que dá nome a parroquia sitúase o espectacular Cruceiro de Santa María, do século XVIII e dos mellores de Galicia, de fina talla e coas características típicas destes monumentos para algúns está costeado por un matrimonio, ao parecer salvado das augas por unha inundación. Leva no seu mástil as figuras de Adán e Eva e a maior altura as figuras de San Antonio e San Roque. Na parte baixa tamén ten un pequeno peto de ánimas.