Este magnífico castro, hoxe coa parte musealizada galaico-romana (S.I, II e III) está dentro dunha ruta arqueolóxica de incalculable valor. Forman o conxunto a Basílica da Asunción co Forno da Santa, o Penedo da Moura, as Pioucas da Santa e o propio xacemento arqueolóxico. Trátase dun percurso intacto da lenda cristiá da mártir Mariña que repousa neste entorno único.
Declarado Ben de Interese Cultural, escavouse por primeira vez nos anos 50 do século XX da man de Francisco Conde Valvís. Estímase que a súa superficie sería está entre as 5 e 10 hectáreas.
Grazas aos achados de Manuel Losada (veciño da Armea) en 2011 no monte Señoriño ao pé do Camiño de Santiago.
Primeiro a equipa de Celso Barba e David Pérez (caminhos.gal), logo coa chegada do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo encabezado por Adolfo F.F. e por suposto co empeño e tesón do Concello tense escavado de forma sistemática dende entón cuns resultados cada vez máis abraiantes.
A día de hoxe na parte musealizada están a vista, tres domus: Domus da Roseta, Domus do Hexáscele e a Domus Leste, ademáis de abundante material cerámico, metálico e sobre todo pétreo. Tamén restos de cerámicas, muiños de man, pasando por pequenas xoias de bronce ou mesmo vidros.
Chama a atención nas estructuras a potencia dos restos conservados, muros de máis de un metro setenta de altura conservados. Foi toda unha citania que funcionou de “capital” de moitos outros asentamentos da contorna.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade