Asentada no altiplano que leva o seu nome, pertenceu ata 1840 ao coto do Mosteiro de Santa María de Montederramo pero coa desamortización e a creación dos Concellos quedou na divisoria de Montederramo, Maceda e Vilar de Barrio quedando a capela neste último termo.
Como apunta o ilustre veciño de Xunqueira de Ambía Elixio Rivas Quintas, consérvase memoria gráfica de restos que apuntan a existencia dun culto milenario no lugar, materializados no relevo dunha serpe aparecido nunha das pedras da construción. A cristianización fixo adicala a un dos Santos máis antigos, o San Mamede onde a tanta altura logrou facer vida eremita. O paso dos séculos, o abandono e as condicións climáticas fixeron que se destruíse a capela.
Salvouse a súa esenza nos anos 40 do século pasado grazas ao allaricense Francisco Conde Valvís que levou en carro de bois ata Valverde (Allariz) as pezas máis senlleiras, columnas, capiteis e dovelas do arco triunfal da época do románico coas que puideron así, volver a levantar o templo nos anos 90 e aínda que cunha fábrica pouco acorde si conserva ditos elementos das súas orixes.
Utilizamos cookies para asegurarnos de que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Na páxina Páxina "Política de Privacidade" poderá obter toda a información relativa ao tratantamento dos datos.AceptarRexeitarPolítica de Privacidade