Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia

Capela Prerrománica de Santa Eufemia de Ambía e Fonte das Ninfas

Esta pequena capela localízase na poboación de Santa Eufemia de Ambía, a escasos km de Baños de Molgas. Está declara Ben de Interes Cultural e é unha verdadeira xoia do prerrománico. Dunha única planta, de 8m de ancho e 9´5 de longo, con cabeceira triple e rectangular, na que se conservan os elementos que a fan excepcional: restos dos arranques dos arcos de separación das tres ábsidas e as ventás dobles que recordan feituras dalguna igrexa visigótica. 

As ventás son a única parte decorada do edificio. A Sur, de dúas pezas de granito, ten na parte inferior dúas ranuras rectangulares verticais e sobre elas, dous óculos con el vano interior de menor tamaño que o exterior, sin decoración. A central, é a máis grande, está formada por catro pezas de granito, con dúas aperturas verticais na parte inferior e dous arcos de ferradura sobre elas, un deles non está totalente rasgado, apoian nunha pequena pilastra que pode ser un ara reempregada. a decoración que presenta é cara o exterior a base de doble moldura enmarcando os arcos e unha pequena fora de corazón no encontro dos dous arcos e no parteluz tállanse dous vans con arco de ferradura. 

A norte, tamén está formada por dúas pezas rectangulares verticais e sobre elas dous arcos de ferradura, os máis pronunciados da capela, tamén está decorada no exterior.

Accédese a través dunha porta aberta no muro sur. Unha vez dentro podemos ver unha ara romana coa inscripción “Avrelivs / Flavs / Transtacanvn / Nymphis / ex voto” e parte dunha incscripción tallada nun perpiaño que fai referencia á santa (Sancte Eufemie). Ademáis deste perpiaño, coñécense outros dous cos nomes de Sancti Salvatoris e Santa María, estarían colocadas, moi probablemente, diande da cada unha das ábsidas, indicando a quen estaba adicada cada unha.

Non se pode sair da capela sen ollar a imaxe de Cristo crucificado, un dos escasos cristos medievais, de madeira, conservado na cidade de Ourense.

A Fonte das Ninfas atopámola a escasos metros da capela, atravesando a aldea, moi ben coidada e rehabilitada. Trataríase dun antigo Ninfeo, lugar de culto ás Ninfas, deusas das augas, na que se atopou unha ara de época romana (a que se conserva na capela). Na arcada da fonte consérvase unha inscripción en letra gótica, a día de hoxe ilexible, pero que a mediados do século XX, aseguran que se lía a palabra “DOMINV”.